O concello de Sandiás concede axudas as familias por valor de 5.200 euros

foto 1. Ceip de Sandiás
O concello de Sandiás concede axudas as familias por valor de 5.200 euros
Ao servizo de atención temperá no Ceip de Sandiás por unha cantidade de 3.200 euros

Unha primeira subvención directa vai destinada o servizo de atención temperá no Ceip de Sandiás por unha cantidade de 3.200 euros. Neste sentido, o concello continúa coa súa política social destinada a favorecer o máis posible a conciliación da vida familiar e laboral dos país/nais dos alumnos/ as.

Unha segunda subvención para o curso 2022-2023 vai destinada a unha axuda ás familias para compra de libros de texto para os nenos e nenas do Ceip de Sandiás. A contía desta subvención é de 2.000 euros. Esta axuda sitúase no contexto de favorecer medidas urxentes no ámbito socio-económico para facer frente as consecuencias da Covid-19, entre outras.

Estas axudas sitúanse no contexto de aprobación do orzamento do Concello para o exercicio 2022 cunhas contas que ascenden a 1. 046.197,97 euros.