sábado. 03.06.2023

O CONCELLO DE SANDIÁS INSTALA 60 PANEIS INFORMATIVOS NAS DISTINTAS ALDEAS

O obxectivo da instalación é que sirvan de soporte renovado a bandos, avisos, cartelería, necrolóxicas e outro tipo de publicidade
foto 1.portada
foto 1.portada

O Concello de Sandiás esta a  instalar de maneira progresiva 60 paneis informativos de madeira tratada en diferentes puntos estratéxicos das distintas aldeas do concello. O obxectivo da instalación é que sirvan de soporte renovado a bandos, avisos, cartelería, necrolóxicas e outro tipo de publicidade e dotar aos veciños e veciñas de novos espazos para a información, a comunicación e a publicidade e que poidan así acceder  a ela de maneira sinxela e rápida.

Por outra banda, a colocación destes paneis informativos pretende evitar que se ensucien as fachadas dos inmobles, postes, marquesiñas, vivendas de propiedade privada etc, onde é habitual que se colguen informacións, publicidade e necrolóxicas de anuncio de funerais. Desta maneira, ao mesmo tempo que se concentra a información en puntos concretos mellórase no posible a funcionalidade, a limpeza de infraestruturas e a estética.