jueves 28/10/21

O concello de Sandiás, moi satisfeito polo resultado do "Verán Cultural"

O "verán cultural" do concello de Sandiás chega o seu fin cunha implicación e complicidade moi alta da veciñanza e turistas de proximidade

Público en Sandiás
Público en Sandiás

O concello pecha o “Verán Cultural” coa organización dunha trintena de actividades de distinta natureza entre os meses de xuño, xullo, agosto, setembro e outubro cunha participación e complicidade moi alta da veciñanza do concello e de outros pobos e vilas próximos. Moitas grazas os preto de 1.300 veciños cercanos e lonxanos pola súa confianza, complicidade e participación activa a pesar de moitos días con vento e baixas temperaturas para a estación do verán.

O alcalde, Felipe Traveso máis o seu equipo, celebra o éxito destas iniciativas despois do parón motivado polos momentos complicados ocasionados pola pandemia na comarca da Limia e espera que o plan executado fose do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos.

Realmente, foi  unha fermosa oportunidade para socializar entre os veciños nun contexto de post-illamento e incertidume e tamén unha maneira de encauzar o tempo de ocio activo, saudable, divertido e onde se pode tamén aprender moitas cousas interesantes.

Algúns dos lugares de procedencia das visitas, participación en campañas e actividades variadas foron: Montederramo, Mallorca, Allariz, S. Vitoiro, Arcos, Sevilla, Morgade, Vilar de Santos, Vigo, Monforte, Ourense, Xinzo de Limia, Ames (A Coruña), Vilariño, Couso, Piñeira de Arcos, León, Vigo, Salamanca, A Coruña, Laroá (Xinzo), Cardeita (Sandiás), Barcelona, Vitoria-Gasteiz (Álava, País Vasco), Usurbil e Donostia (S. Sebastián), Sarreaus, Manacor (Mallorca), Sabucedo (Porqueira), Novaíño, As Pegas (Sandiás), Casas da Veiga, Trasmiras, Cerredelo (Sandiás), Sobradelo (Xunqueira de Ambía), Barbadás, Santa Ana (Sandiás), Vilariño de Sarreaus, Bertamiráns, Celanova, La Rioja, Santiago de Compostela, Barco de Valdeorras, Cantabria, Sarriá (Lugo), Pitoes das Júnias (Portugal).

Facendo un balance da participación nas actividades podemos indicar que nas actividades deportivas e de tempo libre como o “Campamento Concilia 2021”, o apadriñamento do “Campus de Baloncesto Salva Arco” e no Obradoiro de Ximnasia de Mantemento participaron un total de 93 persoas.

torre sandiasNas actividades culturais e educativas a celebración do Centenario de Nós coa  presentación do libro “Sandiás, a Lagoa de Antela e Nós” do historiador Alexander de los Ríos Conde e a lectura pública de textos significativos e orixinais de Cuevillas, Risco, Otero e Urbano, a Biblioteca Municipal, a conferencia de Manuel Mandianes polo V Aniversario da Igrexa de Santo Estevo máis a execución maxistral levada a cabo por primeira vez na nave da igrexa a cargo da Coral Santa Mariña de Xinzo de Limia e as visitas guiadas a mesma, a II Visita guiada ao Pazo do Telleyro,  o teatro familiar Proxecto Noé, o monólogo de humor de Serxio Pazos, a dozura de Mallou no conceerto nuha noite máxica da Torre do Castro, a película de María Solihna, a Maxia do Mago Teto, a obra de teatro Muiñada e Semente, o contacontos ambientais de Caxoto, o Censor de Monstros e a incríbel Historia de Mr. Hamilton e outras extravagancias cunha participación de 730 persoas.

Nas exposicións temporais na Casa da Cultura como a de Traballos do Campo de Mercedes Saavedra e a de O Camiño da Vida de Manuel Traveso así como    a exposición permanente no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, coa participación dun total de 330 persoas. Nas actividades formativas como o Curso de Sensibilización sobre a Prevención do daño cerebral adquirido e o ictus”, coa participación de 10 persoas. Nas campañas e inauguracións como a Ruta de avistamento de aves polas Areeiras de Sandiás, a primeira campaña de compostaxe e a III Semana do Medio Ambiente “A Caza do Lixo” onde se recolleron preto de 2.600 Kg de lixo, cunha participación de 65 persoas.

Ainda quedan por pechar as actividades formativas sobre Alfabetización dixital no mes de Outubro. Todas as actividades foron desenvolvidas cumprindo o estricto protocolo fronte á covid-19. As máis delas desenvolveronse ao aire libre para minimizar o risco de contaxios e no resto aplicouse estrictamente o protocolo.

A partir do mes de Outubro, o concello comenzará a programar o “Outono e Inverno Cultural”.

O concello de Sandiás, moi satisfeito polo resultado do "Verán Cultural"