O concello de Sandiás presenta a programación para o verán e outono 2021

foto alcalde e concelleiro de cultura
O concello de Sandiás presenta a programación para o verán e outono 2021
Máis de 30 actividades programadas

O Concello de Sandiás organiza unha trintena de actividades de distinta natureza entre os meses xuño, xullo, agosto, setembro e outubro. Moitas delas serán ao aire libre para minimizar o risco de contaxios e no resto aplicaráse estrictamente o protocolo preventivo Covid-19.

00078A programación de verán do Concello de Sandiás arrancou o pasado Sábado, 5 de Xuño coa actividade “Á caza do lixo”, coincidindo co día Mundial do Medio Ambiente. Unha actividade en colaboración coa Sociedade Deportiva de Cazadores e veciños voluntarios para limpar de lixo os montes e as rúas dos pobos. Outra actividad simultánea que abriu dita programación foi o diseño dun mural nun edificio público pondo en valor a “igualdade” e o rexeitamento da violencia oode xénero cuxo autor foi o artista creativo nado en Piñeira de Arcos, Roberto Otero de Iria Prol Studio.

Durante a segunda quincena do mes de xuño, xullo, agosto, setembro e outubro levaránse a cabo e poderase participar en outras moitas actividades variadas. Entre outras, destaca a inauguración de rutas de avistamento de aves polas Areeiras de Sandiás, campañas educativas como a de Compostaxe Doméstica, conferencias como a do antropólogo, etnógrafo e escritor Manuel Mandianes, un acto de conmemoración institucional do centenario da Revista Nós a propósito do cal se publicará un libro polo historiador Alex De Los Ríos repasando a vinculación da revista e os autores de Nós con Sandiás e o complexo húmido Limia-Antela e as poboacións de ao redor, exposicións permanentes sobre a Lagoa de Antela no Centro de Interpretación e exposicións fotográficas e debuxos relacionadas coa etnografía rural.

No marco do programa “rede de auditorios provincial de Ourense” teremos sesión de teatro familiar, noite de cine pola igualdade ao carón da Torre Medieval de O Castro e monólogos humorísticos a propósito do Covid-19 e o confinamento e no marco do programa “Cultura no Camiño”, habrá contacontos, maxia e música.

No relativo a posta en valor do patrimonio continúase con plan de visitas guiadas a Igrexa de Santo Estevo polos 500 anos da súa construcción que pretende por en valor o patrimonio artístico e continuación coas Visitas ao Pazo do Telleyro despois do éxito o ano pasado da primeira achega a arquitectura civil pacega e a cultura da fidalguía rural.

Especialmente, neste ano, no ámbito do Programa Cultural do Xacobeo 2021, desenvolverase unha andaina polas novas variantes do Camiño de Santiago o seu paso por Sandiás mellorando a limpeza do camiño e coñecemento mellor o seu patrimonio viario asociado con visitas sorpresa. A posta en valor do camiño tamén se fará extensiva aos nenos e nenas do Campamento de Verán Concilia pola Igualdade e tamén na Biblioteca Municipal onde habrá actividades relacionadas co camiño, especialmente xogos como un Kahoot sobre o camiño, pintar mapas dos camiños de Ourense e quebracabezas da Vía da Prata/Camiño Mozárabe.

00078Destacar tamén a oferta deportiva protagonizada polo Campus de Baloncesto Salva Arco, un dos seus patrocinadores é o Concello e o Ceip de Sandiás unha das sedes do evento. Tamén o re-inicio do Obradoiro de Ximnasia de Mantemento no Polideportivo ao aire libre ao longo dos meses de xulio, agosto e setembro no marco do programa “Mantente Activo”.
Por último hai tamén unha oferta de actividades específicamente formativas como un obradoiro básico de alfabetización dixital destinado especialmente aos vecinos do concello para mellorar o manexo da páxina web e a realización de trámites básicos a través da administracón electrónica. Así mesmo, habrá un taller de como previr os danos cerebrais no camiño de Santiago, concretamente os diversos tipos de traumatismos e ictus.

Todos estas actividades foron presentadas polo alcalde Felipe Traveso e o concelleiro de cultura, Pepe Gándara, acompañados de outros membros da corporación. O alcalde, Felipe Traveso, celebra poder organizar estas iniciativas despois do parón motivado polos momentos complicados ocasionados pola pandemia na comarca da Limia e espera que o plan variado de actividades onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños a participar e implicarse nos actos programados.

Para información e inscrición nas actividades convén estar atentos o cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas que irá saíndo ao longo do verán e do outono.