Continúa o campamento de lecer en Sandiás

foto 3 general
Continúa o campamento de lecer en Sandiás

Un tempo de lecer e promoción cultural para un ocio activo e non violento

A punto de comezar xa a terceira semana do Campamento Concilia 2021 no Concello de Sandiás. Un ano máis o concello ofrece este espazo de case tres meses como unha fermosa oportunidade para socializar nun contexto de post-illamento pero tamén de incertidume.

Así mesmo, a través dunha manchea de actividades educativas e creativas como obradoiro de manualidades, paracaídas, día da auga, xogos deportivos, globoflexia, excursións pola contorna e camiño de Santiago, contacontos, disfraces, actividades de igualdade, festa final e moitas máis, pretendese crear un ambiente saudable onde se practique un ocio activo e a posta en valor da igualdade e a non violencia.

O campamento tamén ten a finalidade de ser unha axuda máis que favoreza a conciliación familiar, tan necesaria nestes intres.

Xa dende o comezo lle damos a grazas a entidade xestora, Atelier Social polo seu bo facer e competencia pedagóxica e didáctica xa demostrada neste pasados anos.