21 de noviembre de 2016, 23:11
O local cultural de Santa Ana -no municipio de Sandiás- "A Corte dos Bois" organiza, o vindeiro sábado día 26 de novembro, o seu magosto a partir das 20 horas.
Haberá unha cea onde non faltará churrasco, chourizos, empanada, viño, castañas, bica e licor café. Tampouco podía faltar a boa música para amenizar a xornada. O evento contará coa actuación do grupo galego "Mitocondrias". O prezo da entrada ao festexo é de 8 euros.