A Corte dos Bois trae o punk-rock a Sandiás

Corte
A Corte dos Bois trae o punk-rock a Sandiás

O local cultural de Santa Ana encherase de música "salvaxe" da man do grupo ourensán Three Dogs

A aldea de Santa Ana, no concello de Sandiás, vén de se converter nos últimos tempos nun foco de atención para a cultura na Limia. Nela atópase local cultural A Corte dos Bois que, seguindo o espírito doutros locais da comarca coma A Arca da Noe, programa concertos e outros espectáculos de maneira periódica. Tralo paso do prestixiosos Mago Teto hai apenas dúas semanas, mañá sábado visitará a Corte o grupo de punk-rock ourensán Three Dogs.

A Corte dos Bois

Esta banda ourensá toca o que eles mesmos denominan "punk rock salvaxe". Os compoñentes do conxunto, que se definen como "the bestials men" son compoñentes doutras bandas de rock ourensás que decidiron xuntarse para iniciar esta nova aventura musical. O concerto comezará a partir das 23 horas.