Couso de Limia estrea dúas marquesinas

Marquesina na entrada de Couso de Limia
Couso de Limia estrea dúas marquesinas
Trátase de marquesiñas cun deseño máis integrado na paisaxe e adaptado ao mundo rural e con maior funcionalidade

O Concello de Sandiás conta con dúas novas marquesiñas instaladas na aldea de Couso de Limia que substitúen a outras degradadas polo tempo. A actuación enmárcase no Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte de viaxeiros e foron cedidas pola Xunta de Galicia.

Últimamente o Concello vén de intalar varias marquesiñas en distintas aldeas (A Fontela, Sandiás, Piñeira de Arcos, Novaíño…) e continuará con dito plan de mellora de refuxio de paradas. Ditas actuacións enmárcanse dentro do Plan de Mellora de Refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte de viaxeiros que está a impulsar a Xunta, a través da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade.

Trátase de marquesiñas cun deseño máis integrado na paisaxe e adaptado ao mundo rural e con maior funcionalidade. Cumpren coas normativas vixentes de prevención de incendios e seguridade viaria.