"Déixate ilusionar este nadal en Sandiás"

cartaz
"Déixate ilusionar este nadal en Sandiás"
Xosé Rivera fará un espectáculo de máxia en Sandias o xoves 29 ás 20:00

Cunha traxectoria de máis de 20 anos como ilusionista, Xosé Rivera é un mago versátil e experimentado, que sabe mesturar de forma perfecta o asombro e o humor, ofrecendo shows onde non da ao público un momento de respiro. Os seus espectáculos achegan momentos irrepetibles e, sobre todo, leva a ilusión tanto a nenos como a maiores. Ademais é membro fundador do Círculo Máxico Auriense C.M.A. e membro da Sociedade Española de Ilusionismo S.E.I.

Presentamos o show do ilusionista ourensán para este Nadal no concello de Sandiás: un espectáculo cheo de luz e cor, maxia e ilusión, risas e emoción. Unha función marabillosa para que toda a familia #gozar da maxia deste nadal.

Un espectáculo do grande ilusionista ourensán cheo de luz e cor onde a area non se molla, as botellas multiplícanse unha e outra vez, onde caixas máxicas agochan segredos prezados e moito máis, onde ou humor e as interaccións con público son parte fundamental do espectáculo