O delegado da Xunta visita en Sandiás o albergue de peregrinos

181021 visita Sandiás 2
O delegado da Xunta visita en Sandiás o albergue de peregrinos
no albergue de Sandiás estase a mellorar os pavimentos dos baños, a aplicación de esmalte dos compoñentes na carpintería de madeira interior, a colocación de zócalos de aluminio e topes na carpintería de madeira interior e adaptación de baño accesible e a instalación de alarma.

Reunión co alcalde de Sandiás

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, aproveitou tamén a súa estadía no concello de Sandiás para manter unha reunión de traballo co alcalde, Felipe Traveso, onde analizou as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica.

181021 visita Sandiás 2

O delegado territorial puxo en valor os recentes investimentos da Xunta no concello como os da Consellería do Medio Rural de 40.401 euros, dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas; os da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 2.999 euros, dentro das axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable; a proposta da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo de 30.000 euros destinados á eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos en Couso de Limia; e a proposta de Augas de Galicia de 50.000 euros para as obras de abastecemento, saneamento e depuración en Vilariño das Poldras.