Felipe Traveso diríxese aso seus veciños para darlle ánimos, recordando a festa do magosto do 2019

magosto Sandiás 2019
Felipe Traveso diríxese aso seus veciños para darlle ánimos, recordando a festa do magosto do 2019

Recórdalle que o ano que ven, a festa do magosto será moito máis grande que nunca

Mañá sería un día importante no noso concello. Habería magosto. Un día de moito traballo para nos, equipo de goberno, traballadores do concello, e voluntarios e voluntarias que desinteresadamente colaboran con nos, pero á vez moi recompensado pola masiva asistencia dos nosos veciños. Este ano non vai poder ser. Moita magoa me da, pero este bicho que non se ve, impídenos facer este tipo de celebracións.

Vouvos dicir unha cousa, o ano que ven, volveremos a celebrar o noso magosto como se merece e nos merecemos, nos traballando duro e vos desfrutando.

Pídovos que teñades moito coidado, respetade as recomendacións sanitarias, a ver se polo menos podemos desfrutar un pouquiño do Nadal, e non temos mais contaxios no concello. Moito ánimo a todos e todas e, para o ano desquitámonos. Unha aperta virtual."