Recordar que no último pleno do concello de Sandiás o grupo de goberno presentou unha moción na que esixía ao Presidente da Deputación que recibira ao seu alcalde, despois de levar dous anos solicitando a visita, sen resposta pola súa banda.
O PRESIDENTE FOI MOI RECEPTIVO
Felipe Traveso manifestou que, aunque o inicio do encontro institucional foi "ríxido" e ·”tirante”, afortunadamente no desenvolvemento da reunión foise logrando un clima “distendido”, “cordial” e de “entendemento e cooperación institucional” entre as dúas administracións.
Trataronse temas importantes para o concello e o presidente foi moi receptivo con todas as propostas que o rexidor lle trasladou.
Así mesmo indicou que, en breve, veránse plasmados na realidade os compromisos adquiridos nesa productiva reunión.