lunes. 27.03.2023

A Igrexa de Sandiás quedouse pequena para despedir ao seu párroco

Medio cento de compañeiros curas acompañaron na cerimonia ao Bispo de Ourense

1
1

A que durante os últimos 30 anos foi a súa igrexa parroquial, a de S. Estevo de Sandiás, entrou por última vez o corpo de Manuel a ombros de compañeiros, por expresa petición, de que a última misa “de corpo presente” fose na “súa Igrexa”.

2

Acompañado por máis de medio cento de curas da comarca e da provincia, despois da celebración da misa, os seus restos foron trasladados, tamén por expreso desexo, ao seu pobo natal, preto de Sandiás.

A igrexa quedouse pequena para albergar a todos os feligreses e veciños que quixeron darlle o último adiós, un día despois de haberlle dado tamén o seu homenaxe a Manuel Fernández Vidal.

Asistiron tamén o alcalde e membros da corporación municipal.

3