Patricia F.S
12 de septiembre de 2016, 20:12
O lume comezou pasadas as 14h deste mediodía afectando á parroquia de Coalloso, no concello de Sandiás. A Consellería de Medio Rural decretou xa a situación 2 de risco pola proximidade das lapas ás vivendas.
Ás 17h da tarde a estrada N-525 permanecía cortada por mor do intenso fume que cubría a zona. Os veciños e veciñas saíron á rúa a ver como evolucionaba a situación teméndose o peor pois as lapas achegábanse ó pobo.
Na zona seguen traballando os equipos de extinción con dous helicópteros, brigadas e os bombeiros de Xinzo.