O incendio de Sandiás que se achegou ás casas quedou extinguido de madrugada

lume 3
O incendio de Sandiás que se achegou ás casas quedou extinguido de madrugada

A tarde do luns será recordada pola xente de Sandiás como a peor do ano. As lapas achegáronse a escasos metros das vivendas e vivíronse momentos de tensión.

O lume comezou pasadas as 15h e a media tarde a Consellería de Medio Rural decretaba a situación 2 de alerta. O fume obrigou a cortar a N-525 que une Xinzo de Limia con Sandiás.

Nas labores de extinción participaron 1 técnico, 1 axente, 10 brigadas, 6 motobombas, 2 helicópteros,4 avións e os bombeiros de Xinzo. Foi fundamental tamén a labor dos veciños e veciñas para evitar que as lapas alcanzasen as vivendas. Entre eles o rexedor de Sandiás, Felipe Traveso, que participou na extinción do lume e resaltou que pasaron momentos de angustia ó ver como avazaban as lapas cara as casas.

O incendio quedou extinguido ás 01.50h segundo informan dende Medio Rural.