Instalación de puntos luz LED en Zadagós, Lavandeira e Coalloso

Instalación de puntos luz LED en Zadagós, Lavandeira e Coalloso
O Concello de Sandiás recibe unha subvención para un proxecto de aforro enerxético.

A Deputación Provincial de Ourense concedeu ó Concello de Sandiás, unha subvención para un proxecto de iluminación (Proxecto de aforro enerxético nos pobos de Zadagós, Lavandeira e Coalloso) que ascende a 29.804,72€.

Supón a cuarta fase de instalación da iluminación pública noutras tres aldeas con tecnoloxía LED: Zadagós, Lavandeira e Coalloso. O Concello xa leva invertido neste plan 240.000€ renovando preto de 700 puntos LED en prácticamente tódalas aldeas do concello.

Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sostibilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello.