Manuel Traveso expón na Casa de Cultura en Sandiás

foto 3
Manuel Traveso expón na Casa de Cultura en Sandiás
25 LÁMINAS DE MANUEL TRAVESO COA TÉCNICA DA PLUMA ESTILOGRÁFICA

No marco do Verán e Outono Culturais 2021, o Concello de Sandiás vén de programar a exposición de 25 láminas de Manuel Traveso coa técnica da pluma estilográfica.

foto 2(1)

Manuel Traveso Santana, natural de Vilariño das Poldras (Sandiás), topógrafo, delineante, mestre Industrial, formado na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e posteriormente graduado en Deseño na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, comeza a desenvolver a súa obra a partir de 1990, desde o compromiso coa súa xente, o seu contorno e coa tradición máis próxima vivida.

foto1A exposición divídese en tres series (os viziños, os paseios e os labores) relacionadas directamente con tres conceptos (o agarimo, a beleza e a vontade) que pretenden agrupar os motivos que inspiraron ao autor a retratar un mundo intimista, próximo e cotián dunha realidade xa vivida e que non volverá.
A exposición estará na casa de Cultura de Sandiás entre o 6 de Agosto e o 31 de Agosto e pódese visitar todas as tardes entre 4.00 h e 8.00 h. A inauguración da mesma terá lugar o venres, 6 de Agosto ás 8.30 da tarde na Casa de Cultura de Sandiás.