Maxia en Sandiás

Maxia en Sandiás
Medio cento de veciños deixáronse ilusionar polo mago José Rivera

Grazas ao medio centenar de veciños e veciñas, especialmente os máis pequenos que participaron hoxe no Nadal Máxico de José Rivera. Foi un espectáculo cheo de maxia e ilusión, risas e emoción. Unha función marabillosa para que toda a familia disfrute da maxia deste nadal.

IMG_20221229_200859_resized_20221230_022034978
IJosé Rivero

Un espectáculo do grande ilusionista ourensán onde hai caixas máxicas que esconden obxectos prezados, queixos que se transforman en ratos, morcego como Toribio que se converten en adivinos, dados xigantes que viaxan e desaparecen mediante unha máquina de teletransporte, xogos de paus chineses, as catro moedas e onde o humor e as interaccións co público infantil e adulto son parte fundamental do espectáculo.

Cunha traxectoria de máis de 20 anos como ilusionista, Xosé Rivera é un mago versátil e experimentado, que sabe mesturar de forma perfecta o asombro e o humor, ofrecendo shows onde non da ao público un momento de respiro. E ainda máis, un mago que fai trucos e os explica.