Miki Dkai achega a Sandiás situacións do confinamento propias dun filme de comedia

Miki Dkai achega a Sandiás situacións do confinamento propias dun filme de comedia
Dende o Concello agradecen a participación da trintena de veciños e veciñas que asistiron ao acto e que "seguro o gozaron moitísimo"

O pasado venres actuou na Casa da Cultura en Sandiás o cómico gaditano Miki Dkai. El é un humorisa e comediante coñecido polas súas participacións no Club da Comedia e Comedy Central.

Dende o Concello agradecen a participación da trintena de veciños e veciñas que asistiron ao acto e que "seguro o gozaron moitísimo".

"La casa sin papel" consistíu nun percorrido polas situacións derivadas do confinamento. Por exemplo o día a día coa familia, as redes sociais, a rutina das series e películas, os paseos, o comportamento dos políticos, a educación dos nenos antes e agora, etc.

Destacan do evento o humor satírico, con "salero e desenvoltura", xogando coas esaxeracións pero de maneira amable e buscando a reciprocidade e feedback do público.