As "Mulleres símbolo do rural" presentáronse en Sandiás

As "Mulleres símbolo do rural" presentáronse en Sandiás
Unha exposición adicada á importancia da muller traballadora no rural

Na xornada de hoxe, tivo lugar un evento adicado ás mulleres labregas. A exposición abriu portas ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Sandiás. Uns minutos despois, Felipe Traveso García, alcalde de Sandiás abriu o acto. Posteriormente, Lola Rico, a Coordinadora da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, introducíu ás distintas mulleres que interviñeron neste acto.

Entre elas, "as mulleres labregas de Sandiás", e unha nova incorporación, Marcia Diéguez, a Directora de Cultura do Centro Español de Santos, Brasil. Neste centro acollen a galegos e permiten que estes conecten coa súa cultura estando fóra.

Ela non puido asistir presencialmente pero deixou unha mensaxe de agradecemento nesta xornada adicada ás mulleres do rural: "Grazas por esta iniciativa e por dar voz aos meus sentimentos, un beso enorme a Rosa por ter voceado dentro da miña alma", "Éxito, éxito éxito na vosa exposición"

As mulleres labregas de Sandiás

"Son unha de moitas mulleres deste concello cun orgullo moi grande de vivir no rural, traballar no rural, e por suposto vivir do campo"

Así comezou o seu discurso Mª José Manso Cabrera, que falou en representación das "mulleres labregas de Sandiás".

Na intervención, reivindicou o traballo dela como o de moitas mulleres labregas e afirma que aínda sen ter títulos, teñen que estar contentas co traballo que desenvolven cada día.

Non faltaron os agradecementos ás súas compañeiras, ao alcalde e ás mulleres que participaron no acontecemento.

Por último, emocionada, decidiu agradecer á súa nai:

E con moito amor, un agradecemento moi especial á miña nai por ser sempre a mellor mestra da miña vida, unha loitadora

"A cultura é a maneira de enfrentarse á vida" Profesor Manuel Mandianes

Outra das persoas destacadas do evento foi Manuel Mandianes, antropólogo.

O profesor achegou nocións como o feito de que non ter títulos non é non ter cultura, pois a cultura é a maneira de enfrentarse aos problemas cotiáns da vida.