"Nin unha menos", o mural de Sandiás pola igualdade

Sin título
"Nin unha menos", o mural de Sandiás pola igualdade
Sandiás, de novo polo camiño da igualdade: ningún dia do ano cansarémonos de dicir “nin unha menos”

Xa está terminada unha das primeiras actividades do programa «Verán- Outono Cultural Sandiás, 2022. ”Por terceira vez consecutiva o Concello de Sandiás quere visibilizar a Violencia de Xénero nun mural creado polo artista de Sandiás, Roberto Otero. A creación da obra artística está situada nas bancadas da pista polideportiva ao carón do Albergue de Peregrinos.

A lenda “ Nin unha menos” é unha consigna que deu nome a un movemento feminista xurdido en 2015 e que constituíu un berro colectivo contra as persoas que mutilan, invisibilizan e negan o dereito de vivir unha vida libre de violencias.

Roberto, o propio creador do mural indícanos que en relación coa parte técnica “ foi un reto crear algo que encaixara de tal maneira que a bancada pasase a un segundo plano. Escollín unhas cores moi equilibradas entre si para crear armonía e paz. Decidinme por un azul ultramar para o texto e estampado co obxeto de resaltar o máximo a lenda. “ A moza da esquerda representa eses momentos tan duros que as vítimas da violencia machista viven, fronte a moza da dereita que representa un novo “ eu” despois da esperanza e o apoio que os colectivos brindan as vítimas”.

En relación co transfondo ideolóxico do mural, o creador destaca que “todas e todos debemos facer un gran esforzo por combater a secuela machista. Sempre penso que a evolución como especie retárdase en parte por os sucesos de Violencia de Xénero”. Como dicía Mahadma Gandhi, “os cambios da verdade e do amor sempre triunfaron o longo da historia e os malos e tiranos crense invencibles pero sempre terminan caendo”.