Nin orzamentos nin confianza

SANDIAS Moción de Confianza
Nin orzamentos nin confianza

A oposición en bloque de Sandiás votou en contra de outorgar a confianza ao rexedor Felipe Traveso.

Unha vez que no pleno pasado non se aprobaron os orzamentos que presentara o alcalde de Sandiás para o a no 2017, e non contando co respaldo noutro pleno, Traveso adoptou a medida –recollida na Lei de Bases de Réxime Local– de levar a pleno unha moción de confianza, para a súa persoa como alcalde, conxuntamente coa aprobación dos orzamentos que xa levara no pleno anterior e que foran rexeitados.

ACUSACIÓNS MUTUAS ENTRE PSOE E O ALCALDE

73Unha vez presentada a moción por parte do rexedor, tomou a palabra o portavoz do PP para rexeitar a moción cunha exposición de motivos sen estenderse nos seus motivos. Tocoulle o quenda despois ao representante do PSOE, o cal fixo unha ampla explicación de motivos así como reproches en contra de como se levaba o Concello e a xestión por parte do rexedor. Eses mesmos argumentos foron esgrimidos polo rexedor case coa mesma argumentación, pero desta vez en contra do portavoz do partido socialista de Sandiás.

Na quenda que lle correspondía ao único concelleiro que ten o grupo de non adscritos, simplemente argumentou que estaba totalmente de acordo cos formulamentos do compañeiro de corporación que o precederá, polo que anunciaba o seu voto en contra.

Foi neste momento cando o alcalde tomou a palabra para respostar a todos os representantes da corporación local, negando todos e cada un dos seus argumentos –sobre todo os do representante socialista–.

Rematada a súa intervención solicitou o voto nominativo e público, tendo o resultado de seis votos en contra e tan só 3 a favor –os do seu grupo–.

A oposición dispón agora de 30 días para propoñer un candidato alternativo a ocupar a alcaldía. De non chegar a un acordo sobre cal debe ser o substituto de Traveso á fronte da corporación –e que este sexa votado marioritariamente en pleno–, os orzamentos quedarán automaticamente aprobados.