Nova campaña en Sandiás

cartaz(5)
Nova campaña en Sandiás

POR UN CONCELLO SEN LIXO. UN SANDIÁS MÁIS LIMPO E COUSA DE TODOS

O Concello convoca aos veciños e veciñas a unha recollida colaborativa mantendo un Sandiás limpo e tamén tomando conciencia ecolóxica de que temos que coidar ou medio non que vivimos a diario. Para inscrición, chamar ao teléfono do concello 988 46 50 01.

O Concello de Sandiás presenta unha nova campaña de concienciación que complementa a que leva celebrando durante tres anos coincidindo co Día do Medio Ambiente (5 de Xunio). A campaña consiste en levar a cabo unha acción concreta unha vez ao mes recollendo o lixo mentras camiñamos. Cada mes márcase un itinerario de recollida. A intención é pasar revista os pouquiños a todas as aldeas do Concello. O Kit de limpeza corre a cargo do concello.

foto 6

Compre mentalizarnos que temos que utilizar as papeleiras, conservar o patrimonio sen pintadas, non tirar as cabichas e papeis non chan, evitar deixar plásticos, paquetes de tabaco nos valados e nas estradas e especialmente evitar vertedoiros nos nosos montes. Desta maneira, con pequenas accións, reduciremos a contaminación do ecosistema, das correntes de auga, evitaranse riscos para os animais cos cristais rotos e a contaminación ao inxerir plásticos e tamén mellorará a estética e o benestar dos que vivimos nas distintas aldeas.

Para continuar o camiño cara a unha concienciación social lembramos o do punto limpo móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao concello ( 988 46 50 01) e dos puntos limpos da Comarca da Limia (Xinzo de Limia, mércores e xoves entre 17.00 h e 19.00 h e sábado 10.00 h-14.00 h; Vilar de Santos, mércores de 10.00 h-14.00 h e Calvos de Randín, xoves de 10.00 h-14.00 h, para que ninguén do concello teña descoñecemento destes servizos e faga uso deles.