Nova edición do campamento Concilia 2022 en Sandiás

17986A61-9D6B-4DC2-B441-4117F9F6856C
Nova edición do campamento Concilia 2022 en Sandiás
Con actividades de tempo libre e promoción cultural para nenos

O Concello de Sandiás presenta unha nova edición do campamento “Concilia 2022” para este verán.

As actividades que se van realizar son de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude do concello. Todas estas accións serán dende o 4 de xullo ata o 29 de Agosto no CEIP de Sandiás.

Este ano a novidade e a ampliación da idade para participar no Campamento, que inclúe aos nenos e nenas dende 3 anos ata 14 anos.

O campamento xa está en marcha coa maravillosa animación dun equipo pertencente a entidade que xestiona proxectos sociais, Atelier Social.