Nova marquesina no alto do Novaiño do concello de Sandiás

Marquesina do alto do Novaiño
Nova marquesina no alto do Novaiño do concello de Sandiás
Foi instalada dentro do Plan Xacobeo

Na Estrada Nacional 525, o Concello vén de instalar unha nova marquesiña no Alto do Novaiño, nunha das paradas do autobús en dirección a Xinzo de Limia.

A instalación sitúase dentro do Plan Xacobeo e provén da Consellería de Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia. Trátase de marquesiñas cun deseño integrado na paisaxe e adaptadas ao mundo rural e con maior funcionalidade. Cumpren as normativas vixentes de prevención de incendios e seguridade viaria.

O investimento na instalación deste refuxio foi de 6.418, 45 Euros. A Vicepresidencia Primeira da Xunta subvenciona o 75% e o resto son aportacións propias do concello. A empresa adxudicataria foi Construccións Hnos. Lavandeira.