Nova visita guiada a igrexa de Sto. Estevo de Sandiás no seu 500 aniversario

IMG_5337
Nova visita guiada a igrexa de Sto. Estevo de Sandiás no seu 500 aniversario

A próxima realizarase o xoves día 8 de abril

Un grupo de persoas de Vigo, Ourense e Xinzo de Limia, realizaron unha visita guiada este sábado Santo a igrexa de Sto. Estevo de Sandiás. Estas visitas Retablo igrexa de Sandiásorganizadas polo concello, contan co acompañamento dunha técnica da Soc. Cooperativa Xeitura, que se encarga de explicar aos visitantes todos os aspectos destacados do templo que o ano pasado cumpriu 500 anos dende a súa construción.
Aos visitantes acompañounos tamén o párroco da mesma D. Manuel, que foi debullando anécdotas e curiosidades que non aparecen nos escritos e nos tratados que existen sobre as diferentes épocas do templo.
Os visitantes agradeceron tanto a guía, como ao párroco as súas explicacións, quedando sorprendidos, segundo manifestaron, polo arte patrimonial que acolle este templo, que nalgún dos casos está tan preto, pero lle era tan descoñecido.