Novos fondos para o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás.

foto 7..portada(1)
Novos fondos para o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás.

Cedidos polo fotógrafo Blas González

A Cesión ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela da fotografía dos Cadernos da Limia, Interxeccións, intervida en 2019 pola artista británica Lotta Ellis consumouse o sábado, 15 de Xaneiro, coa presenza do autor da fotografía Blas González, o concelleiro de cultura do Concello de Sandiás, Pepe Gándara e o alcalde, Felipe Traveso coa firma do convenio. En nome do alcalde agradecemos a Blas González a súa xenerosa achega aos fondos do centro.

foto 7..portada 2
Cuadro cedido

En 2017, o fotógrafo Blas González iniciou o proxecto dos Cadernos da Limia: Interxeccións, unha reflexión sobre paisaxe, memoria e identidade ao redor da lagoa ausente. O relato visual desta viaxe non só revelou a profunda pegada emocional que a perda deste ecosistema deixou, tamén serviu de inspiración á artista británica Lotta Ellis, quen interpretou a dramática ferida no corazón do complexo húmido Limia-Antela intervindo pictóricamente esta fotografía das areeiras de Sandiás e poñendo de manifesto unha ferida que aínda sangra na memoria e identidade das xentes da Limia.

Neste sentido, a incorporación do cadro aos fondos do centro de interpretación introduce a ollada da expresión artística fotográfica enriquecendo o discurso didáctico museístico do complexo húmido Limia-Antela e, en concreto, o do humidal artificial das areeiras de Sandiás.