sábado. 01.10.2022

O verinés Edelmiro Luís Mateo García "eloxiará a tradición" en Sandiás

A Casa da Cultura de Sandiás acollerá o venres 26 de Agosto ás 21:00 horas a presentación do libro "O instinto de Alazán" 

O verinés Edelmiro Luís Mateo García, aprobeitando a presentación do libro "O instinto de Alazán", acompañarase de música interpretada por el mesmo para falar do contido da súa novela.

A Casa da Cultura de Sandiás recibirá este acto literario que terá lugar o venres 26 de Agosto as 21:00 horas.

Narrará dúas peregrinacións en sentido inverso (de Verín a Santiago e de Santiago a Verín) retratatando á Galiza raiana e á Galiza Xacobea. Dous personaxes colectivos: o Verín entroideiro e o Santiago de Compostela (xacobeo e turístico), xunto cos símbolos que constitúen a identidade dun pobo e un eloxio apaixonado da tradición.

Dedicado ós Cigarróns de Verín, a esencia do libro resúmese nestas tres palabras: cigarróns, tradición, Galicia. Os e as asistentes poderán adquirir un exemplar do libro na mesma Casa de Cultura de Sandiás.