O pleno de Sandiás deu conta da baixa dun concelleiro do grupo de goberno

Casa consistorial de Sandiás
O pleno de Sandiás deu conta da baixa dun concelleiro do grupo de goberno

Fernando Miguel Vázquez presentou un escrito e xa non forma parte de Agrelsan

O pleno municipal celebrado o pasado día 25 ás 20h, recolleu o escrito presentado por Fernando Miguel Vázquez, no que comunicaba a súa baixa como concelleiro de Agrelsan. Entrou no grupo de goberno baixo a tutela de Fernando Traveso, formando parte do gran cambio que se produciu en Sandiás onde o partido popular estivo gobernando case 40 anos. Meses despois, emitiu o seu desexo de dimitir por discrepancias coas decisións de Traveso, segundo comunicou o propio ex concelleiro, Fernando Miguel.

O pleno celebrado o luns tamén recolleu o acordo de disolución do consorcio comarcal contra incendios e salvamento da Limia. Por outra banda, abordouse a adhesión ó pacto de alcaldes polo clima.

A sesión recolleu a posta en marcha dun obradoiro de emprego xunto cos concellos de Vilar de Barrio, Sarreaus e Trasmiras.

Segundo o propio rexedor, Felipe Traveso, o pleno celebrouse con cordialidade e tódolos acordos aprobáronse por unanimidade.