Pleno de trámite en Sandiás

30
Pleno de trámite en Sandiás

O Concello de Sandiás paga en -12,5 días. Un dos concellos que mellor pagan, non só da comarca

Na noite do luns celebrouse o pleno ordinario pertencente ao mes de Xaneiro, o cal foi de puro trámite. A maioría dos puntos aprobáronse por maioría absoluta, contando iso si todos, co voto en contra do concelleiro \“non adscrito\”, exconcelleiro do grupo de goberno.

Un dos puntos do orde do dia era a dazón de contas por parte da alcaldía no referente ao estado de contas trimestral. Foi o Secretario o encargado de comunicar a toda a corporación que o Concello de Sandiás paga en -12,5 dias. Como todos saberán a nova lei de facenda obriga as administración públicas, entre elas á Municipal, a pagar aos seos provedores en menos de 30 dias. Neste caso este Concello faino doce días e medio antes, en concreto as últimas facturas do ano pasado pagáronse nunha media de 17 dias. Tamén sinalou que tódalas débedas do Concello a 30 de decembro estaban xa abonadas.

A MEDIADOS DESTE ANO O CONCELLO NON TERÁ DÉBEDA

31Rematado o pleno, Felipe Traveso, alcalde de Sandiás, mantivo unha pequena charla co dendealimia, no que anunciou que o único préstamo que ten o concello é de 30.000 €, que ven do goberno anterior, estará pagado, cos cartos sobrantes do presuposto do 2016.

Tamén anunciou a pronta aprobación dos orzamentos do 2017, dos que xa enviou a tódolos membros da corporación o avance para que acheguen as súas ideas, esperando telos aprobados por maioría en datas vindeiras. Precisamente finalizado o pleno quedaron para unha reunión o próximo luns cos membros do PSOE para falar dos mesmos.

O COLEXIO, ALGO PRIORITARIO PARA SANDIÁS

No propio plenario, no capítulo de rogos e preguntas o portavoz do PP preguntou por o tema das obras que teñen que acometer no colexio, obras menores que serán inmediatas e a pintura que quedará para o verán, época de vacacións. Para o alcalde e loxicamente para o pobo a gardería infantil e o colexio público ao que asisten case que 40 rapaces, son temas prioritarios, sobre todo nestes tempos en que os pobos so fan que envellecer.

VARIAS OBRAS XA EN CARTEIRA

A primeira delas será a instalación dun ascensor na casa consistorial que comezará a facerse nos próximos días. Tamén xa chegaron a un acordó co obispado para a cesión duns terreo sao carón do velatorio de Couso para prover o mesmo dun aparcadoiro.

Dúas fosas son as obras tamén que lle quitan o sono ao alcalde . A de Zadagós, que xa está adxudicada, pero que se fará no verán e a de Santana que se meteu nos plans provinciais.