A poesía musicalizada de Manoele de Felisa chega a Sandiás

A poesía musicalizada de Manoele de Felisa chega a Sandiás
Manoele de Felisa en concerto o 29 de xullo ás 21:30.

Este venres, 29 de xullo, en Sandiás, celebrarase un concerto adicado á música de autor e poesía musicalizada de Manoele de Felisa.

Manoele de Felisa é un cantautor galego con diferentes obras publicadas. Pretende achegar o mundo da poesía aos máis pequenos e ás súas familias a través das súas interpretacións musicais.

O evento terá lugar ás 21:30 horas na explanada da Torre do Castro. O aparcadoiro terá o acceso pola pista dende a aldea de Santa Ana ao Castro.