Presentouse en Sandiás "O instinto de Alazán" ao son dun acordeón

Presentouse en Sandiás "O instinto de Alazán" ao son dun acordeón
A presentación da obra foi unha mestura de narración e música amenizada polo son dun acordeón

Uníronse na Casa de Cultura de Sandiás literatura e música. Esta vez da man do verinés Edelmiro Mateo que achegou ao público o seu amor pola escritura e a música.

A presentación de "O instinto de Alazán" tivo lugar pasado venres, 26 de Agosto, ás 21:00h, na Casa de Cultura de Sandiás.

O acto contou coa presenza do alcalde Felipe Traveso nunha presentación conducida polo concelleiro de cultura Pepe Gándara que enmarcou o acto no programa cultural Xacobeo 2021-2022.

A presentación propia da obra foi unha mestura de narración e música amenizada polo son dun acordeón. Entre as composicións destacaron: "May wey", "Boas compañeiras", "La vita bela" e "El bello Danubio azul" de Johann Strauss.

Ao evento asistiron preto de 40 veciños e veciñas que disfrutaron das case dúas horas de literatura e música cun público moi atento ás palabras de Edelmiro.