Prevención da osteoporose no Concello de Sandiás
Celebrouse onte, 27 de xullo, unha reunión sobre alimentación e hábitos saudables.
Tamén se realizou unha proba de medición por ultrasón da densidade ósea do calcáneo
A Escola Rural de Saúde da Limia vén de impulsar unha campaña para previr os riscos da osteoporose, en colaboración coa Deputación de Ourense é en sinerxia co Master en Nutrición Pablo García Vivanco, a enfermeira Elisa Cadaya González, a psicóloga Rosa Trujillo e a Coordinadora da Escola rural de Saúde da Limia, Lola Rico, que chegou ao noso Concello o luns, 27 de Xuño.
Na reunión, Lola Rico aportou interesante información sobre alimentación e hábitos saudables e sobre a prevención da perda de masa ósea e aparición de fracturas.
Coordinou tamén a realización da proba de medición por ultrasón da densidade ósea do calcáneo.

Como complemento, a psicóloga Rosa Trujillo mantivo unha conversación-coloquio cos asistentes sobre os aspectos psicolóxicos relacionados coa osteoporose e a súa prevención.