Protección Civil de Sandiás conta cun novo vehículo Pick-Up

Entrega do novo coche de Protección Civil de Sandiás
Protección Civil de Sandiás conta cun novo vehículo Pick-Up
Foille entregado pola Xunta este sábado 19 en Santiago

Adxudicado ao Concello de Sandiás por a vía da línea 1 de subvencións, un vehículo todo terreo TIPO PICK-UP que contribuirá a mellora dos servizos de emerxencia municipal. A entrega do novo coche todo terreo levouse a cabo o sábado 19 de Marzo pola mañá na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, por parte do Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela.

foto 4
Novo vehículo de Sandiás

Os voluntarios da Agrupación de Proteccion Civil de Sandiás terán a partir de agora máis e mellores medios para afrontar as emerxencias e para colaborar con outros concellos nas mesmas. Os nosos voluntarios de Protección Civil son un piar fundamental na atención as emerxencias. En moitas ocasións son os primeiros en chegar e, polo tanto, necesitan contar co equipamento necesario para coidar das necesidades dos cidadáns nas mellores condicións.