O PSDEG-PSOE DE SANDIÁS RECLAMA Ó GOBERNO LOCAL A RETIRADA DO RECURSO XUDICIAL CONTRA A CLASIFICACIÓN DE MONTE EN MAN COMÚN NA PARROQUIA DE SANDIÁS

60
O PSDEG-PSOE DE SANDIÁS RECLAMA Ó GOBERNO LOCAL A RETIRADA DO RECURSO XUDICIAL CONTRA A CLASIFICACIÓN DE MONTE EN MAN COMÚN NA PARROQUIA DE SANDIÁS

O portavoz municipal dos socialistas, Juan Manuel Quintas, asegura que \“estamos totalmente convencidos de que é un grave erro político e económico\” e un \“agravio\” coa veciñanza

O PSdeG-PSOE de Sandiás solicita ó equipo de goberno que retire o recurso contencioso-administrativo interposto pola alcaldía –en mans da agrupación Agrelsan– contra a resolución do xurado provincial de montes, sobre a clasificación de monte en man común da parroquia de Sandiás, unha decisión anunciada no Diario Oficial de Galicia o pasado 16 de xaneiro.

60Os socialistas están en contra desta decisión que consideran prexudicial. O portavoz municipal, Juan Manuel Quintas, asegura que \“estamos totalmente convencidos de que é un grave erro político e económico dado que, dito recurso, vai a dilatar no tempo, catro ou máis anos, a posibilidade real de ordenar parte do noso territorio, impedindo que se poñan en marcha medidas para activar o monte en man común que na actualidade está, na súa maioría, abandonado\”. \“Estas medidas son fundamentais porque servirán para beneficiar ós propios comuneiros, así como ó resto dos veciños e veciñas e incluso á propia administración\”, destaca Quintas.

O PSdeG-PSOE deste concello ourensán recorda que un monte en man común ordenado e funcionando, permite darlle valor real, obtendo beneficios a medio e longo prazo, non só ós comuneiros, senón tamén a todos e todas; aumentando a prevención de incendios; diminuíndo os efectos nocivos dos lumes e, en definitiva, xerando dinamismo económico e social que o goberno local de Sandiás non pode e non debe impedir. \“É inaudito que un concello actúe en contra do interese xeral veciñal\”, denuncia o portavoz.

O monte de man común da parroquia de Sandiás xa foi xudicializado pola anterior corporación local. A sentenza limitou os seus efectos a corrixir certos aspectos formais, pero a cuestión de fondo –a propiedade e a delimitación– nunca estivo en cuestión no ámbito xudicial. \“Tentar percorrer ese longo camiño xudicial de novo par obter, probablemente, o mesmo resultado, no é velar polos intereses do concello copiando o argumentario da anterior corporación. Realmente impide o desenvolvemento e avance dos veciños e veciñas e do seu territorio\”, denuncia Quintas.

De feito, o equipo de goberno de Sandiás, despois do encontro mantido entre os interesados e interesadas, sabe que a xunta reitora do monte de Sandiás ten toda a vontade de resolver os posibles problemas futuros, cando poidan e ata onde poidan. Polo tanto, o PSdeG-PSOE solicítalle ó equipo de goberno local que non cometa \“un grave erro e agravio coa veciñanza de Sandiás\”. E a solución, segundo os socialistas de Sandiás, é clara: a retirada do recurso xudicial para facilitar así unha resolución satisfactoria desta clasificación que, despois dunha paralización innecesaria e inxusta, permita poñer fin a un proceso de ordenación que, sen dúbida, será moi positivo para todos e todas.