A rapaciada de Sandiás visitou Pazolandia

Rapaces e rapazas de Sandiás en Pazolandia
A rapaciada de Sandiás visitou Pazolandia
Dezasete nen@as do Concello de Sandiás acudiron a visitar Pazolandia no Pazo dos Deportes “Paco Paz” en Ourense o 27 de Decembro. A cargo deles os 4 euros de entrada e os gastos da viaxe a cargo do Concello

Pazolandia estreou este ano a súa mascota oficial, Pacito, que acompañou aos pequenos e maiores que visitaron o espazo lúdico. Nesta edición os nen@ puderon disfrutar de variadas actividades. Houbo unha importante presenza da tecnoloxía con zonas de simuladores de movemento e realidade virtual e coa posibilidade de que os visitantes teñan acceso á rede wifi mediante o escaneo dun código QR. Tamén contou o parque co popular xogo de “escape room” e no exterior as propostas ampliáronse co xogo “ O Barco”, de movemento oscilante e gran altura. Destacaron tamén u tren de Disney, pista de coches de choque, unha nora e os inchables da Patrulla canina.

Estiveron acompañados por parte do Concello pola concelleira María José e por mamás (Laura, Elisa, Fátima, Soni e Hakima).