viernes. 03.02.2023

A recollida de alimentos e roupa de Sandiás marca records

O concello agradece a colaboración de todos os veciños
FOTO13~1
FOTO13~1

800 kg de alimentos, 75 caixas embaladas de alimentos e outros produtos, 52 caixas embaladas de roupa, e entre cebolas e cabazas aproximadamente 1.200 kg. Tamén se recolleron xoguetes.

O diñeiro en donativos, que ascendeu a cantidade de 500 euros, investiuse na compra de alimentos básicos, tamén nas tendas locais do concello.

foto 1. portad

Os alimentos, como se indicou no seu momento, destináronse ao Banco de Alimentos e a roupa a Cáritas da Comarca de Xinzo de Limia.

Moitas grazas a todos os implicados nos puntos de recollida de alimentos como a casa do Concello, a comunidade parroquial de Santo Estevo de Sandiás, de San Xoán de Piñeira de Arcos e de Santa María de Couso de Limia. Tamén ao supermercado de Sandiás, a tenda dos pataqueiros de Piñeira de Arcos, ao Colexio de Primaria (CEIP de Sandiás), ao PAI (Punto de Atención Infantil) en Sandiás, e a tenda da Josefina e da Carmen en Couso de Limia.

Destacar tamén a empresa Postoiro no polígono de Vilar de Santos pola doazón dunha importante cantidade de cebolas e destacar tamén algunhas doacións individuais moi xenersoas, que agradecemos de corazón. Moitas grazas tamén a todos os voluntarios das catro comunidades parroquiais e do propio concello de Sandiás que puxeron á disposición o seu tempo e vehículos de transporte.

Moitas grazas a todos e todas os veciños e veciñas por achegar cada un o seu gran de area e así lograr unha montaña de alimentos que permita un Feliz Nadal en tódolos fogares, de maneira especial nos máis necesitados.