Os Reis Magos visitaron todas al aldeas do concello de Sandiás onde hai cativos

Visita dos Reis Magos ao concello de Sandiás
Os Reis Magos visitaron todas al aldeas do concello de Sandiás onde hai cativos

“os nenos e nenas de sandiás son encantadores, tímidos pero cando se soltan moi faladores e con gran imaxinación”, manifestaron as súas Maxestades

Onte mércores 5 de Xaneiro pola tarde os Reis Magos de Oriente visitaron aos 33 cativos e cativas de 12 aldeas do Concello de Sandiás. Foi unha ruta moi emocionante, xa que segundo as súas Maxestades "os nenos e nenas de Sandiás son encantadores, tímidos pero cando se soltan moi faladores e máxicos e con gran paixón imaxinativa”.

bshAdemáis de visitar cada casa dende a que mandaron a carta en prazo, un lugar moi especial onde os esperaban con moita ilusión os nenos e nenas máis cativos acompañados dos seus educadores foi o PAI (Punto de Atención Infantil).
En palabras de Melchor, "os tres Reis Magos agradecemos enormemente a colaboración inestimable dos traballadores do Concello e algúns veciños que nos guiaron certeiramente por todo o Concello".
Segundo Baltasar, "os pequenos e pequenas de Sandiás son moi educados e intelixentes, xa que escoitaron con moita atención os consellos para deitarse cedo e durmir para recibir de noite os agasallos".
Gaspar, moi emocionado coa recepción do alcalde e de toda a veciñanza, declara que "volverán sen ningunha dúbida o próximo ano" porque considera que "poucos sitios son tan fermosos e gardan tantos tesouros como este Concello".
O alcalde, en nome de todos os veciños e veciñas, e antes da súa marcha agradeceu a visita ¡Moitas grazas pola vosa visita! Sempre seredes benvidos en Sandiás