Remata o "Concilia Sandiás Verán 2022"

Remata o "Concilia Sandiás Verán 2022"
Este campamento indican que "foi unha fermosa oportunidade para socializar, unha plataforma para o ocio activo, saudable e non violento"

Rematan dous meses de campamento en Sandiás. Este campamento indican que "foi unha fermosa oportunidade para socializar, unha plataforma para o ocio activo, saudable e non violento, e tamén unha axuda máis a conciliación familiar"

As últimas semanas estiveron marcadas polas seguintes actividades: obradoiro de manualidades, película de cinema, paseo ao área recreativa de Couso de Limia, xogos deportivos, xogos populares cooperativos (carreira de sacos, equilibrio con obxectos, culler con pataca, turra-soga…), creatividade coa globoflexia, disfraces, firma de postais de recordo do campamento, felicitacións de aniversarios e festa final con mangueira de auga incluída.

O Concello agradece a participación dos rapaces e rapazas e ás familias pola confianza. Tamén agradece á entidade xestora, AtelierSocial, pola súa cercanía a través do equipo animador do campamento.