31 de octubre de 2021, 14:41
O Concello de Sandiás organiza grazas á Asociación Micolóxica «Os Cogordos» un roteiro guiado o día 13 de novembro.
- Destinatarios: veciños e veciñas do Concello de Sandiás
- Cando terá lugar? 13 de novembro, sábado, ás 09:00.
- Lugar de encontro: Na Casa do Concello
- Cal é o prezo? Gratuito
- Prazo de inscrición: ata o 10 de novembro no teléfono do concello (Tlf: 988 465 001) ou no formulario online da páxina web.
- Outras observacións:
- Recoméndase traer roupa e calzado impermeable, navalla, cesto, aperitivo e bebida.
- Protocolo sanitario: desinfección, distancia social e mascarilla en lugares pechados.