Un refuxio de cazadores do municipio limián de Sandiás foi obxecto de dous roubos sen violencia. Os ladróns levaron unha porta e dúas ventanas de aluminio nun primeiro roubo, así como os marcos das mesmas no segundo dos roubos.
Os marcos foron arrancados a golpes, segundo informan veciños que facían uso da instalación. "Entendemos que sería para seren vendidos como chatarra, xa que como os arrancaron non valerían xa para outra cousa", afirman os afectados.
O espazo tamén era empregado no verán polas brigadas de prevención de lumes.
Os feitos están denunciados e a Garda Civil xa iniciou un proceso de investigación ao respecto. Dende a Sociedade de Cazadores afirman que estes feitos lles causan un "grande perxuízo" debido a que se deica a caseta inservible para outros usos. Entre eses "outros usos" atópase o que lles daban as brigadas de prevención de incendios, que se refuxiaban alí no verán, así como camiñantes e outras persoas que acostuman a empregalo paa xantar en familia.
Sen portas e ventás só se contribúe ao deterioro das instalacións.
Trátase dunhas instalacións de uso colectivo que sempre están abertas a todos os veciños e visitantes. Os afectados entenden que "ofrece un servizo a toda a xente que pretende facer un uso responsable das instalacións, e sen portas e xanelas só se contribúe ao seu rápido deterioro".