S. Benito da Ouceira o santo das berrugas

IMG_8465
S. Benito da Ouceira o santo das berrugas

Os devotos e devotas de S. Benito da comarca de Xinzo de Limia acudiron en masa esta mañá para honrar ao seu santo

Desde primeiras horas da mañá os peregrinos foron achegándose , a pé, ao santuario que o Santo ten na Ouceira, concello de Sandiás, para escoitar misa e gozar, por que non das vistas tan espectaculares que se ten da Limia desde onde se atopa a hermita.

Ás doce e media, hora prevista, o Santo foi sacado en procesión ao redor do seu santuario para deixalo colocado no medio de cámpa e dende alí presidir a misa solemne. Como é habitual, rematada a celebración os peregrinos deron boa conta do polbo, e as rosquillas, típicas nas nosas romerias.

cats

SANTO MOI AVOGOSO DAS BERRUGAS

Este é un dos santuarios nos que aínda queda a tradición, para os ofrecementos, de comprar figuras, pes, mans, ou calqueira outra parte do corpo en cera, para ofrecerlla a un dos Santos máis avogosos da comarca, principalmente polas berrugas.