sábado. 30.09.2023

Non mes de Decembro de 2021 comezou a reparación de camiños que dan acceso a leiras dentro do territorio do  Concello de  Sandias. Ditas actuacións están incluídas dentro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Agrarias 2021.

Obras rehabilitación das pistas en SandiásO centro directivo destas iniciativas corresponde á Dirección  Xeral de  Desenvolvemento Rural no marco do Plan Estratéxico,  cun  orzamento total para todos os  concellos de 599.999,99 Euros.
En concreto, no territorio que abrangue o  Concello de Sandiás o camiño obxecto de intervención no ano 2021 foi  a pista que vai de Cardeita a Ladeira (1.280 metros). Quedan pendentes para o ano 2022 o de Couso de Limia-Areeiras de Sandiás (1.650 metros) e a pista ao carón da aldea de Piñeira de Arcos (675 metros), xunto con outros que se determinen segundo as necesidades.
A empresa adxudicataria é a Empresa de Transformación Agraria ( TRAGSA).