Amplíase o rango de idade para o campamento de verán en Sandiás

Casa consistorial de Sandiás
Amplíase o rango de idade para o campamento de verán en Sandiás
O Concello de sandiás aceptará no campamento a nenos de entre 3 e 14 anos.

O Concello de Sandiás ampliará este 2022 a franxa de idade dos nenos que poderán acceder ao campamento de verán. Tal e como comunicou o Consistorio, o rango de idade irá dos 3 aos 14 anos.

O plazo de inscripción xa está aberto para pedir praza neste servicio de conciliación familiar. Permanecerá aberto ata o 23 de xuño. Unha vez rematado o plazo, publicarase a lista de admitidos.

Seguindo a mesma liña, o concello de Vilar de Santos pecha hoxe o período para solicitar praza no seu campamento, que comezará o día 27 de xuño e rematará o 2 de setembro.