Sandiás anuncia o seu magosto

Cartel do magosto de Sandiás
Sandiás anuncia o seu magosto
O día 5 de novembro a partir das 19:30

O concello de Sandiás apura a anunciar o seu xa tradicional magosto que se celebrará na pista polideportiva o día 5 a partir das 19:30.

A entrada para a festa custará 7 € que darán dereito a festa, música, hinchables para os pequenos. As viandas da festa estarán integradas por empanada, chourizo, costela, viño e refrescos e loxicamente CASTAÑAS ASADAS. Tampouco faltarán a bica e a queimada.

O pequenos de ata 6 anos non pagan.