Sandiás celebrou os 500 anos da súa igrexa

foto 6
Sandiás celebrou os 500 anos da súa igrexa

Conmemorouse cunha conferencia do antropólogo Manuel Mandianes e a actuación da coral Sta. Mariña de Xinzo

O venres 16 de Xullo ás 20.00 h na propia Igrexa de Santo Estevo de Sandiás e no marco do 500 Aniversario foto 1da construción da mesma, o profesor e doutor Manuel Mandianes, antropólogo, etnógrafo, e prolífico escritor, pronunciou unha conferencia en clave antropolóxica e relixiosa sobre a influencia dos templos na vida das persoas desde os espazos naturais sagrados dos primeiros tempos do paleolítico ata os construídos coas mans humanas. Antes da existencia de templos cristiáns, os celtas celebraban nos claros dos bosques en templos abertos, mentras que as relixións do libro, en concreto, o cristianismo, teñen os templos pechados e dogmas que encuadran e delimitan as realidades sagradas.
Tan importante como o que dixo o doctor Mandianes foi a maneira de expoñelo. Máis que unha exposición sistemática de ideas,
Mandianes iniciounos nun relato mistagóxico (experiencial), cun ritmo pausado e cheo de silencios estratéxicos que invitaban a oír, sentir e gustar antes de pensar e razoar.

Así mesmo percorreu os desexos e latexos de transcendencia e as súas transformacións a través da historia que están detrás destes espazos e construcións.

foto 10(1)

Clausurouse o acto cunha execución maxistral levada a cabo por vez primeira na nave da igrexa a cargo da CORAL SANTA MARIÑA de Xinzo de Limia coa popular “Foliada de Portas”, “Hay Linda Amiga”, un anónimo da polifonía profana do século XVI e “Hallelujah” de L. Cohen, himno que recorre a simboloxía xudeocristiana para falarnos da felicidade e a dor que provoca a experiencia de amar. A anécdota histórica sobre a feitura e a sonoridade da nave que cando pola visita de 1584 a Igrexa de Xinzo, manda o bispo que reedificase a igrexa da vila conforme a de Sandiás, confirmouse onte coa actuación da coral.

SATISFACIÓN POR PARTE DOS ORGANIZADORES

Foi un orgullo e unha gran satisfacción para a Parroquia de Santo Estevo e o Concello de Sandiás mesturar nun acto o patrimonio arquitectónico da nave con 500 anos de existencia, o patrimonio intelectual de Manuel Mandianes e o patrimonio artístico musical da coral Santa Mariña de Xinzo de Limia.

O acto estivo organizado polo Concello e a Parroquia de Santo Estevo de Sandiás.