Sandiás conta cun "banco solidario" de material ortopédico

foto 1. portada
Sandiás conta cun "banco solidario" de material ortopédico
Este banco nace para facilitar, mediante o formato de préstamo ou doazón, material ortoprotésico

A Concellaría de Xustiza Social e Participación Cidadá en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Sandiás poñen en marcha a creación dun banco solidario de material ortoprotésico para a atención a persoas veciñas dependentes.

foto 2Este banco nace para facilitar, mediante o formato de préstamo ou doazón, material ortoprotésico a pacientes que presentan limitacións da autonomía persoal limitadas ou graves e tamén limitacións nos recursos económicos. Nace coa finalidade de facilitar ás persoas coidadoras as tarefas de atención dos pacientes no domicilio e tamén de mellorar a calidade de vida tanto do paciente como do coidador. Desta maneira trátase de minimizar a incidencia de problemas de saúde ao paciente dependente e ás persoas coidadoras, facilitar o acceso ao maior número de persoas posible a este tipo de material e optimizar os recursos existentes. Así mesmo, darlle unha segunda vida aos obxectos que xa non precisamos.
Os materiais que se incluirán son moi variados
: cadeira de rodas, andadores, muleetas, adaptadores de ducha ou baño, barandillas de cama, colchóns de protección, camas articuladas, etc.

Dende a Concellaría de Xustiza Social e Participación Cidadá faise un chamamento a aquelas persoas, tanto particulares como empresas, que queiran participar neste banco de material, ben sexa persoas con aquel material usado que teñan almacenado e que neste momento non necesitan ou calquera empresa ou particular que queira facer unha doazón de maneira altruísta deste material para que outras persoas necesitadas poidan utilizalo.

Os pasos a seguir son: Poñerse en contacto coa Traballadora Social do Concello (Tlf. 988 465 001) e cubrir o formulario de préstamo. Este último pódese cubrir directamente no concello ou ben a través do formulario en liña que aparece na noticia publicada na Web do Concello.