Sandiás continúa coa instalación da iluminación pública noutras seis aldeas

Sandiás- Iluminación led nas aldeas
Sandiás continúa coa instalación da iluminación pública noutras seis aldeas

127 novos puntos de luz con tecnoloxía led cunha inversión próxima a 80.000 euros

Despois da primeira fase de instalación da iluminación pública con tecnoloxía LED en 10 aldeas do concello con 370 puntos instalados e un investimento de 127.000 euros, nesta segunda fase o abeiro da orde do 30 de decembro de 2020 do Fondo de Compensación Ambiental (Vicepresidencia) para o ano 2021, lévase a cabo o proxecto Eficiencia enerxética, reducción da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos na aldea de Couso de Limia”, cun orzamento de 40.000 Euros. O Fondo de Compensación Abiental aporta 30.000 Euros e o concello os 10.000 euros restantes. Na aldea de Couso de Limia instálanse 112 puntos de luz LED. A empresa adxudicataria foi Elyte.

Así mesmo instalaránse outros quince novos puntos de novo alumbrado público con tecnoloxía LED tamén adxudicados a empresa Elyte nas aldeas de Vilariño das Poldras, Couso de Limia, Sandiás, Santa Ana, Coalloso, A Nogueira, A Corga e Arcos, cun orzamento de 39.015,85 Euros. A financiación provén dos recursos económicos que aporta o propio concello.

En total, en torno a unha inversión de 80.000 Euros.

Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello.