Sandiás contiúa aumentando posibilidade de reciclaxe de aceites usados

Contedores reciclaxe aceite usado-Sandiás
Sandiás contiúa aumentando posibilidade de reciclaxe de aceites usados

O concello de Sandiás dispón de dous novos contedores para aceite de cociña usado

O Concello a través da Deputación de Ourense conta cun servizo de 2 contedores especializados para a recollida de aceites usados distribuídos en dúas aldeas: un contedor novo na aldea de Piñeira de Arcos (O Cruceiro) e outro na aldea de Sandiás (á beira do Centro de Saúde).

Identifica onde tes o punto máis próximo ao que levar o aceite usado.. Naqueles nos que non se instalaron, adoitan ofrecer opcións nos puntos limpos.

En lugar de tirar o aceite usado polo vertedoiro, méteo no envase que vas reciclar. En canto estea cheo, ou máis ou menos cheo, lévao á localización do contedor.

Só débese depositar aceite usado de cociña e non aceites de motor, e sempre dentro dunha botella de plástico ben pechada, preferiblemente transparente. No contedor debe depositarse unicamente a botella, sen bolsa. É conveniente evitar o cristal, que podería romper ao precipitarse ao interior.

EVITA A CONTAMINACIÓN

O aceite doméstico que se tira polo vertedoiro contamina a auga. Cada litro de refugallo contamina 1.000 litros de auga. Unha familia que aposte pola reciclaxe nun contedor de aceite usado estaría a aforrar unha contaminación de 24.000 libros de auga.

SE CONVIRTE NUN RECURSO CON VALOR ECONÓMICO

En cambio, se se recicla, é un recurso con certo valor económico ao poder converterse en biocombustible, biodiésel. Tamén poden ser convertidos en xabóns para uso caseiro. As botellas cos seus tapóns tamén se reciclan.