Sandiás cultiva a memoria con obradoiros de estimulación

Obradoiros de memoria en Sandiás
Sandiás cultiva a memoria con obradoiros de estimulación

A Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e a Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, ofrecen “Obradoiros de estimulación cognitiva” destinados a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito ao longo do ano 2022.

A partir dos 60 anos empezanse a notar pequenos fallos de memoria que nos preocupan: onde deixei as chaves, ir a coller algo e esquecer o qué, apaguei a cociña?. Estes obradoiros son importantes xa que con eles traballase a memoria, atención, linguaxe e fluidez de maneira activa.

O primeiro obradoiro comezou o xoves, 31 de marzo ás 18.00 h da tarde. Foi a primeira sesión coa participación de 16 persoas dun total de 20 apuntadas. Nesta primeira reunión participaron veciños das aldeas de Piñeira de Arcos, Arcos, Vilariño das Poldras, Lavandeira, Santana, Novaiño, Sandiás, Xinzo, Couso de Limia e As Pegas. Haberá xuntanzas todos os xoves de 18.00 a 19.00 h ao longo de todo o ano 2022 no lugar social do Concello de Sandiás.

A animadora especialista é Mayara Estevam e é educadora social. Os obxectivos dos obrarios, comenta Mayara, “van en liña de traballar o embexecemento activo. Trátase de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria, e a atención para mellorar as mesmas”.

As sesións duran unha hora e media e trabállase persoalmente e en equipo. “Entre os tipos de actividades que se realizan destacan estimulación cognitiva, psicomotricidade, cálculo, razoamento, memoria, atención e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”. De esta maneira rachamos coa soidade e creamos texido comunitario.

Resalta Mayara, é unha actividade que gusta: “ traballamos en máis de cinco concellos e en máis de doce asociacións de veciños. Adoita gustar a actividade. Ademais, adoita ser unha actividade de costume. As persoas interactúan máis, aumenta a autoestima e demandan cada vez máis ditas actividades”.

Estas actividades preventivas son fundamentais dado que o alzheimer é un tipo de demencia moi presente. A partir dos 80 anos soben un 35% dos casos. Non existe outra maneira de previr máis que estes talleres.

Conclúe Mayara afirmando que “estas actividades, ademáis de preventivas son actividades para gozalas e non para sufrilas”.

Contentos da resposta obtida e co desexo que a mesma se emplie. Para inscribirse nos obradoiros, poden dirixirse ao teléfono da Casa do Concello (988 465001).